Querido/a visitante:
Creamos este novo servicio para aumentar o acercamento do noso Concello a tódolos nosos/as cidadans, do noso Concello e a todas aquelas persoas que desexen visita-la nosa terra, facendo mais doada e efectiva a nosa relación, gracias á integración do Concello de Cenlle nunha nova estapa de avance tecnolóxico.
A través desta páxina web pretendemos chegar a calquera rincón do mundo durante as 24 horas do día, para que podades estar ó corrente das actuacións, actos e demais que se produza dentro do noso Concello.
Para esto vimos realizando un importante esforzo político, económico e social, centrado na mellora e ampliación das nosas infraestructuras de telecomunicacións, desde o convencemento de que este e o medio mais eficaz para conseguir un auténtico avance social. Esperando que este servicio lles axude o mais posible e logre que outros descubran a nosa maravillosa terra, despídese cunha forte aperta.
Manuel García Montero.
Alcalde do Excmo. Concello de Cenlle.